CRITERIOS XENERAIS:
- A cualificación de Non presentado corresponde únicamente aos alumnos que
só participen en actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20 por cento da puntuación total, con independencia da
cualificación obtida. - A materia divídese en tres temas. O primeiro puntúase con 2 puntos, o segundo con 4 puntos e o terceiro con 4 puntos. Para
superar a asignatura é necesario obter unha puntuación global de 5
puntos ou máis. - Todos os puntos pódense obter mediante a resolución de
boletins de preguntas e exercicios, que os alumnos presenciais poderán
realizar nas sesións de obradoiro e os non presenciais poderán resolver
baixo tutela.
Estarán dispoñibles, a través da
plataforma Moodle, as guías complementarias de cada tema, nas que se
especificarán as actividades a realizar, as normas para realizalas, os
criterios para a súa avaliación e os prazos de entrega.