CRITERIOS XERAIS:
A cualificación de non presentado corresponde unicamente aos alumnos que só participen en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da puntuación total, con independencia da cualificación obtida.
A materia divídese en dous partes, correspondentes a cada un dos bloques de contidos; a puntuación da primeira parte é de 4 puntos e a da segunda de 6 puntos. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación global de 5 puntos ou máis, cun mínimo de 2 puntos na primeira parte e de 3 puntos na segunda.
Na parte I, a avaliación consiste na resolución de exercicios de aplicación das técnicas con datos reais, e na parte II na realización dun traballo con datos reais. A través da plataforma Moodle, estará dispoñible unha Guía complementaria da Parte I, na que se especificarán as actividades a realizar, as normas para realizalas, os criterios para a súa avaliación e os prazos de entrega.
Os alumnos presenciais realizarán as actividades en grupos de non máis de tres persoas; os alumnos on-line realizarán o traballo de forma individual.