Sesión maxistral |
Modalidade presencial: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase magistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección magistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un/ha profesor/a en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Modalidade virtual: No caso do alumnado matriculado on-line, esta metodoloxía canalizarase a través do Foro virtual, o cal permitirá que este alumnado participe aproveitando dos soportes digitales dispoñíbeis.
|
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou filmes, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia, con actividades específicamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Estudo de casos |
Metodoloxía no que o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
|
Foro virtual |
[Só para o alumnado matriculado na modalidade on-line]
Espazo de discusión formal e informal destinado ás/aos estudantes en cuestión para o tratamento dun ou máis temas ou problemas. Desenvólvese a través dunha contorna virtual de aprendizaxe (Moodle e/ou email) mediante ferramentas de comunicación asíncrona. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do/da profesor/a e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado.
Para o traballo final, cada estudante elixirá un dos dous tipos de traballo seguintes:
1) Unha análise textual de documentos (lecturas e/ou gravacións) na que se ofrece unha radiografía explicativa e sintética dun tema, problema ou caso real relacionado coa identidade, a alteridade e a interseccionalidade. Nesta análise propoñeranse posíbeis vías de abordaxe, mediación ou intervención. Así mesmo, o traballo debe incluír referencias a outros estudos pertinentes, e a algúns dos conceptos chave e orientacións epistemolóxicas, ideolóxicas, metodolóxicas e/ou prácticas presentadas en clase. O traballo debe estar debidamente fundamentado, e polo menos un 50% das fontes referenciadas nel deben proceder do conxunto de documentos presentados en clase, en Moodle, nas "Fontes de información" desta Guía docente, ou, ademais, no Foro virtual para o alumnado on-line. Os requisitos para a estrutura do traballo encóntranse en Moodle.
2) A produción dun documento audiovisual que, hipotéticamente, se fará público. Nesta gravación, presentarase de forma creativa e dinámica un tema, problema ou caso relacionado coa identidade, a alteridade e a interseccionalidade, así como posíbeis vías de abordaxe, mediación ou intervención, a propia gravación sendo unha destas vías. A gravación irá acompañada dun traballo descritivo e analítico, no que se afondará de xeito explicativo e sintético noutros estudos pertinentes, e nalgúns dos conceptos chave e das orientacións epistemolóxicas, ideolóxicas, metodolóxicas e/ou prácticas presentadas en clase e reflectidas na gravación. O traballo debe estar debidamente fundamentado, e polo menos un 50% das fontes referenciadas nel deben proceder do conxunto de documentos presentados en clase, en Moodle, nas "Fontes de información" desta Guía docente, ou, ademais, no Foro virtual para o alumnado on-line. Os requisitos para a estrutura do traballo encóntranse en Moodle.
*Débese consultar a información completa sobre a avaliación do traballo na plataforma Moodle da materia.
Modalidade virtual: No caso das persoas que cursen o máster on-line, realizaranse titorías virtuais nas que se consultarán e se revisarán distintos aspectos do traballo. Este proceso servirá, así mesmo, para coñecer á/ao estudante en cuestión e para garantir a súa identidade. |