Dende a nenez, o individuo recoñécese a si mesmo como neno ou nena, ademais, de diferenciar que actividades son adecuadas segundo o seu xénero, entendendo por adecuado a resposta ás prescricións que describen o comportamento xa sexa masculino ou feminino nunha determinada cultura. Neste ámbito cultural, é difícil percibir as nosas actitudes sexistas e por iso, transmitímolas de forma inconsciente. Estas percepcións, deberían ser analizadas e avaliadas desde a óptica educativa para incitar á reflexión persoal e á toma de decisións na liña de prácticas sociais máis equitativas.
A educación debe ser considerada como unha das actividades humanas con maior transcendencia e impacto na sociedade. Ademais, está obrigada a ofrecer unha formación integral, libre e responsable, apta como preparación real para a vida diaria e que poida dar resposta ás necesidades da devandita sociedade. Esta educación, como dereito público, debería estar presidida polo principio da equidade. Para iso, as estratexias compensadoras terían que ser reforzadas para conseguir unha maior igualdade e o desenvolvemento pleno e integral do alumnado, sen renunciar á calidade educativa. Este principio debería estar garantido en todo momento por un sistema educativo que fomente unha escola inclusiva que conte cos medios e recursos necesarios para facer efectiva as finalidades establecidas.
Para tal fin, débese de fomentar a diferenciación entre paridade e igualdade de xénero, xa que estes termos non significan o mesmo en educación. O primeiro, é un concepto puramente numérico, que implica ter a mesma proporción de nenos e de nenas no sistema educativo. O segundo, máis complicado de delimitar, significa ter a alumnos e alumnas gozando das mesmas vantaxes en termos de acceso e tratamento educacional, favorecendo a igualdade de oportunidades de maneira permanente.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías