A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua. A cualificación final obterase promediando as cualificacións das distintas probas realizadas sempre que se acade un mínimo de 3 puntos sobre 10 na proba obsxectiva e nas prácticas de laboratorio.
No caso de que non se acaden os mínimos requiridos para superar a materia polo sistema de avaliación continua, o alumnado poderá presentarse a avaliación da asignatura nas convocatorias oficiais de primeira e segunda oporunidade que consistirán nun exame que abarcará toda a materia e estará composto por cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar achegada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tabletas, etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas.
Os exames celebrarase nas datas que estableza o centro nos seus calendarios oficiais de primeira e segunda oportunidade. Non se admitirá a participación na proba aos estudantes que non se atopen presentes no momento de comezar a realización da proba.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica se acordará a principio de curso un calendario específico de tutorías compatible a súa dedicación. Poderán acollerse a evaluación continua acordando o calendario de prácticas obrigatorias a realizar ao longo do curso ou na proba obxectiva global.
INSTRUCIÓNS SOBRE A ENTREGA DE TRABALLOS E XUSTIFICANTES DE AUSENCIA.
- As prácticas avaliables han de entregarse en clase no día sinalado. Fóra desta data, os traballos só se recollerán de maneira excepcional e por causas de forza maior debidamente xustificadas.
- Non se contempla a celebración de probas extra ou a entrega de traballos adicionais para subir nota. Nembargantes o alumnado que superando a asignatura na evaluación continua non quede satisfeito coa súa nota pode presentarse ao exame oficial na primeria oportunidade, a nota final será a nota máis alta acadada -na evaluación continua ou na proba obxectiva da primeira oportunidade-.
- Os xustificantes de ausencia deben entregarse na semana inmediatamente posterior á devandita ausencia, a profesora se reserva a posibilidade de esixir aos estudantes os documentos que corroboren a causa aducida para xustificar a ausencia.