Guía DocenteCurso Facultade de Socioloxía |
Grao en Socioloxia |
Asignaturas |
Metodoloxía da investigación etnográfica |
Contidos |
|
|
|
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Metodoloxía da investigación etnográfica | Código | 615G01403 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
TEMA 1º. O TRABALLO DE CAMPO EN ETNOGRAFIA ANTROPOLOGICA TEMA 2º. A OBSERVACIÓN PARTICIPANTE TEMA 3º. INVESTIGACIÓN-ACCIÓN E OUTRAS ESTRATEXIAS DE OBSERVACIÓN TEMA 4º. A ENTREVISTA EN ETNOGRAFÍA E AS NARRATIVAS LOCAIS. INTERPRETAR TEXTOS E ACCIÓNS RITUAIS. TEMA 5º. OUTROS METODOS COMPLEMENTARIOS. FONTES E REXISTROS. TEMA 6º. PROCESO DE ANALISIS E ESCRITURA ETNOGRÁFICA |
DO TEMA 1º. O traballo de campo: identificación e comprensión da complexidade sociocultural a través da experiencia convivencial prolongada.. A etnografía como proceso interactivo e reflexivo. O deseño e as reconsideracións da investigación. Fases do traballo de campo. DO TEMA 2º. Participar para observar e aprender a observar. Vantaxes da o.p. e inconvenientes. Acceso ao campo e relacións. A dispoñibilidade e a redución da reactividade. Técnicas e estratexias na o.p. A etnografía multisituada ante os procesos da globalización. O rexistro e organización da información: útiles e procedementos. DO TEMA 3º La participación observante. Outras estratexias de observación. Investigación-acción participativa, ou "colaboración participante". Orientacións e lóxicas destas prácticas de investigación. O estudo de caso en etnografía. DO TEMA 4º. As narrativas e o seu rexistro. Discursos e narratividade. Interpretar textos e representacións. A entrevista etnográfica na era da globalización. Indagación dos valores e coñecementos. Tipos de entrevistas segundo obxectivos de investigación. Estruturas e estratexias do proceso de entrevista. DO TEMA 5º. O método biográfico en antropoloxía. O método xenealóxico. Documentos e rexistros de interese etnográfico, e técnicas para o seu aproveitamento. O método combinatorio en antropoloxía. Fichas persoais e fichas domésticas. A fotografía e o filme etnográfico. DO TEMA 6º. Análise interpretativa dos datos en antropoloxía. A etnografía como produto: escritura antropolóxica e redacción de informes. |
|