A materia de Relacións grupais e Intervención psicosocial pretende familiarizar ao alumno no coñecemento e manexo das ferramentas teóricas e metodolóxicas da Psicoloxía grupal e da intervención psicosocial en situacións conflitivas ou de necesidade. Neste sentido fíxanse como objetivosl introducilo no coñecemento dos temas de estudo e investigación e das áreas de intervención no comportamento grupal; familiarizalo co estudo da interacción social e as relacións humanas a través das condutas concretas que realizan as persoas tanto individualmente como en grupo.
Preténdese tamén analizar os contextos reais e simbólicos nos que se desenvolve a conduta grupal prestando atención aos procesos de percepción, atribución, actitudes, comportamentos e representacións resultantes, principalmente nunha sociedade aberta, multicultural e multilinguistica.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías