O principal obxectivo da materia é proporcionar as nocións teóricas claves para interpretar a interrelación entre os procesos de globalización, o medio e o crecemento da poboación. O avance da ciencia e a tecnoloxía introduciu novas pautas de relación social, o aumento de persoas e as migracións provocaron modificacións no ámbito de natural así como os desastres ecolóxicos tamén provocaron movementos de persoas a outros lugares. Canto máis impredicibles se producen estes cambios máis movémonos cara a unha sociedade do risco. Por iso, a finalidade desta materia é aprender a predicir os efectos que un cambio en cada un destes sistemas pode proporcionar nos outros. A crecente interconectividade das sociedades xera a necesidade de observar os fenómenos sociais dende unha perspectiva global que permita entender en clave de interrelación cada un deles. Así mesmo estudaranse as consecuencias das sociedades globais sobre a pobreza, a desigualdade e o benestar.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías