A avaliación continuada (Traballos Tutelados; Mapas Conceptuales; Atención Personalizada), contempla :
- a función diagnóstica, formativa e sumativa.
- realízanse en diferentes momentos: ao inicio, durante e final do proceso formativo.
- utilízanse diversos procedementos e instrumentos de recollida de información.
A Proba obxectiva constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar os coñecementos, as capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa, e pode combinar distintos tipos de preguntas: de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Nos Mapas Conceptuais avalidarase o traballo individual, no grupo, tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A atención personalizada (AP) avalidarase a partir da participación, tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
Anotacións:
1- Na primeira e na segunda oportunidades, os
traballos tutelados e a proba obxectiva deben de obter alcanzar na súa
cualificación polo menos o 60% do seu porcentaxes para poder obter unha
cualificación igual ou superior ao aprobado.
2- Os
traballos tutelados e/ou probas prácticas aprobados só ten validez en cada
unha das convocatorias.
3- Na primeira e na segunda oportunidades, o estudante que supera a presenza mínima nas clases establecidas na Memoria do Grao, sempre tenn dereito de avaliación final.
4- Os
estudantes matriculados en segunda convocatoria ou máis optarán polo sistema de
avaliación continua, ou por unha proba obxectiva final única que terá un valor
do 100% da cualificación.
5- Estudantes con esperanza de Matricula de Honor (MH) deben entregar ficheiro de texto (rafael.martin@udc.es) antes da data do exame do cuatrimestre. O traballo e unha extensión, profundización ou aplicación de calquera dos temas da Guía. Este traballo pode ser orientado en tutoriais co profesor.
6- O alumno respostará a proba escrita na lingua da súa elección: galego o castelá. O profesor dará as preguntas por escrito no exame en castelán. O estudante que quere ter as preguntas en galego debera facer a petición ao Profesor sete días naturais antes da data oficial marcada para a proba escrita.