Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. O desenvolvemento da participación nestas sesión poderá conlevar a presentación de tarefas e participación en avaliacións a través da plataforma Moodle, e que formarán parte da avaliación continua na participación nas sesión teóricas |
Physical exercise |
Actividades desenvolvidas tanto no espacios da Universidade da Coruña, como nos entornos naturáis próximos a Facultade de Ciencias do Deporte (praia, monte, campo, etc.). Consistentes no desenvolvemento de actividades físicas e deportivas relacionadas coas habilidades fundamentáis e específicas características das AFMN. O desenvolvemento da participación nestas sesión poderá conlevar a presentación de tarefas e participación en avaliacións a través da plataforma Moodle, e que formarán parte da avaliación continua na participación nas sesións prácticas. |
Supervised projects |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Vincularánse principalmente as prácticas de actividade física e as saídas de campo. Implicará o desejo dunha actividade no medio natural; véase o caso dun roteiro, no que se aplicarán os diferentes coñecementos teóricos e competéncias prácticas plantexadas ao longo dos diferentes temas. Dito traballo implicará tanto o desenvolvemento e entrega de tarefas relacionadas, ao longo do cuatrimestre, ao longo as salidas formativas relacionadas, e como documento completo ao finalizar o cuatrimestre formando parte da calificacion final. |
Mixed objective/subjective test |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Laboratory practice |
Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. |