Proba obxectiva |
A12 A23 A24 A27 A47 A49 A54 A55 B28 B21 B20 B18 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B29 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 |
Exponse problemas ou casos prácticos baseados no temario e bibliografía, o alumno dará resposta numérica a cada un deles; tendo mesmo que representar os resultados de forma gráfica.
O exame é individual, o incumprimento deste requisito levará a expulsión e a aplicación da normativa vixente. Os teléfonos móbiles acendidos no exame están terminantemente prohibidos.
Durante o desenvolvemento do cuestionario teórico non se permitirá material de ningún tipo, máis aló de bolígrafos, mentres que para a realización da parte práctica empregaranse formulario, calculadora e material de debuxo.
Cada exercicio contestarase e cualificará nun prego DIN A3. Cada exercicio entregarase independentemente, escrito con tinta indeleble e dobrado en A4. O resultado darase de forma que resulta claramente visible, indicando o valor numérico coa precisión e unidades correspondentes. As partes non válidas deben ser claramente anuladas. Os pregos de solucións así como a folla do enunciado levarán escrito o nome do alumno e o seu grupo para ser corrixidas. |
80 |
Proba de resposta múltiple |
B2 B3 B4 B6 B7 B12 B18 C1 C2 C3 |
Valorarase a exactitude na contestación a dez preguntas sobre aspectos teórico prácticos con catro opcións,das cales unha ou más poden ser correctas. No eneunicado do exercicio expresaranse as condicons de respostas erroneas. Establécese un mínimo de 5 puntos nesta proba para superar o curso. Non se permitirá material de ningún tipo, máis aló de bolígrafos. |
20 |