De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e os criterios de coordinación acordados para a área de Economía Financeira,
- Primeira e segunda oportunidade: avalíanse calculando a media dos resultados da avaliación continua e da proba final, coas ponderacións indicadas nesta guía.
- Oportunidade adiantada: avalíase en función do resultado dunha proba mixta comprensiva de tódolos contidos e competencias propios da materia, de acordo coa guía do curso inmediatamente anterior
Tódalas probas deberán realizarse nas datas e horas sinaladas a tal efecto; en caso contrario computaranse como cero no cálculo da cualificación global. Non se aplican excepcións diferentes das previstas expresamente na normativa académica. As datas das probas parciais serán fixadas polo equipo docente da materia, atendendo o cuatrimestre no que se imparte a materia en cada titulación, e comunicadas con antelación suficiente. De ser considerar necesario por razóns de organización e/ou equidade, as probas parciais poderían programarse nunha franxa horaria común para tódolos grupos.
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa
académica de exención de asistencia serán avaliados calculando a media
dos resultados das tres probas de avaliación continua e a proba final,
coas ponderacións sinaladas nesta guía. Cando poidan acreditar razóns obxectivas que lles impidan realizalas co seu grupo, estes alumnos poderán solicitar ou propoñer, na primeira semana lectiva do cuatrimestre, unha programación diferente para as probas parciais. Esta proposta deberá respeta-lo ritmo de traballo do grupo e a equidade cos restantes alumnos.
De conformidade coa normativa da Facultade, cualificarase como "non presentado" exclusivamente ós alumnos que desenvolvan tarefas que ponderen menos dun 20% na avaliación global do curso, con independencia da cualificación acadada.
De se considerar necesario, poderá publicarse un
documento de “normas de exame” con aclaracións adicionais de cara á realización das probas. En calquera caso, non se permitirá o emprego de material de apoio en ningunha proba, tanto de avaliación continua como final e/ou conxunto.
Durante as aulas, salvo
autorización expresa por parte dos profesores, os móbiles, ordenadores, smartwatches, e
calquera outro aparello electrónico agás as calculadoras permanecerán en todo momento fóra da vista; durante
os exames deberán ademais estar apagados. O incumprimento destas normas ou o
uso indebido destes aparellos serán causas de expulsión da aula ou dos exames,
e neste último caso terán a interpretación de fraude. A gravación das aulas e/ou as titiorías non está permitida, e pode ser constitutiva de infracción prevista no Código Penal.
A comisión de fraude poderá
implicar que o alumno deba examinarse de forma oral ante un Tribunal composto
polo equipo docente da materia, sen perxuizo doutras consecuencias académicas
que se poidan derivar.