Metodoloxías
|
Proba de resposta breve |
Sesión maxistral |
Seminario |
Solución de problemas |
|
Descrición |
1. Na sesión maxistral o alumno pode intervir, logo de petición da palabra, para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre o tema que no momento da súa intervención se estea a tratar.
2. Nas probas de resposta breve, tras a realizacion destas e na quenda de intervencións que oportunamente se abrirá, o alumno pode intervir para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre algún aspecto dos tratados na proba. Tal e como se menciona no apartado de metodoloxías, estas intervencións poden supoñer unha mellora na cualificación da proba.
3. Na solución de problemas o alumno pode intervir tal e como se expón no apartado de metodoloxías.
4. Nos horarios de titoría o alumno será atendido para aclarar aquelas dúbidas que lle xurdan para a preparación da materia. Aínda que non é obrigatorio, se a través do correo electrónico do profesor que imparte o curso ao que pertence o alumno, expón as súas dúbidas e data e hora (dentro das de titoría) en que está interesado ser atendido, facilitarase a xestión e efectividade destas.
5. Sen citar a persoa que evacuou a consulta, esta pode ser publicada na páxina web do titor, xunto coa súa resposta, coa finalidade de que outros alumnos poidan tirar proveito desta. Todo iso se o profesor a considera oportuna e de interese xeral.
6. as anteriores normas son válidas para a totalidade do alumnado sexa cal for o tipo de matrícula que realizase. |
|