Proba mixta |
B1 B5 B6 B10 C6 |
Exame de todos os contidos da materia, que inclúe os tratados nas sesións maxistrais, prácticas e traballos. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test e/ou preguntas de resposta breve e/ou para desenvolver.
Superar esta proba será requisito indispensable para aprobar a materia.
Se o profesor e a maioría simple do alumnado así o acorda, poderá facerse un ou varias probas teóricas da materia durante o curso, de forma que en caso de superalas, o alumnado poida liberar parte ou toda a materia da proba mixta nas convocatorias oficiais. |
40 |
Proba práctica |
A5 B1 B2 B4 B6 B10 B11 C6 C3 |
Exame práctico mediante o uso de recursos informáticos de todos os contidos da materia.
Superar esta proba será requisito indispensable para aprobar a materia.
Se o profesor e a maioría simple do alumnado así o acorda, poderán realizarse unha ou varias probas prácticas da materia durante o curso, de forma que en caso de superalas, o alumnado poida liberar parte ou toda a materia da proba práctica nas convocatorias oficiais. |
20 |
A cualificación de Non Presentado outorgarase a todos aqueles alumnos que non se presentaron á proba práctica e á proba mixta en cada unha da convocatoria oficiais. No caso de presentarse a unha destas probas, o alumno non poderá obter esta cualificación. En caso de non superar a proba mixta e/ou a proba práctica, a cualificación que aparecerá nas actas será a da proba non superada coa cualificación máis elevada. O profesorado da materia poderá decidir libremente o número de Matrículas de Honra a outorgar entre as máximas establecidas anualmente. Estas poderanse conceder entre aqueles alumnos que teñan a cualificación de sobresaliente, adxudicándose por orde de cualificación. O profesor, se así o decide, poderá facer adaptacións á avaliación para os alumnos que xa cursasen a materia en anos anteriores e os alumnos con matrícula a tempo parcial, en canto ás datas da proba mixta e proba prácticas e ás datas de entrega e contidos dos traballos tutelados.
|