CUALIFICACIÓN DA MATERIA:
EXAME (80%) - Consistirá nunha PROBA OBXECTIVA proposta por cada profesor. Cualificarase sobre un máximo de 8 puntos. A cualificación do EXAME obterase da media resultante da suma da PROBA OBXECTIVA proposta por cada profesor. Se no EXAME obtense unha cualificación menor ao 50% da puntuación posible nalgunha das PROBAS OBXECTIVAS propostas por cada profesor, non se computará a media coa outra parte, nin se engadirá a AVALIACIÓN CONTINUA, sendo a CUALIFICACIÓN FINAL, suspenso.
Se un estudante non se presenta a algunha parte do EXAME, a CUALIFICACIÓN FINAL da materia será de Non presentado (NP). É opcional de cada profesor conservar ou non a cualificación do seu parte de EXAME, unicamente ata a convocatoria de xullo (2ª oportunidade), sempre que a cualificación deste, sexa igual ou superior ao 50% da puntuación posible.
AVALIACIÓN CONTINUADA (20%) - a cualificación da avaliación continuada conservarase unicamente ata a convocatoria de xullo (2ª oportunidade).
As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; non obstante o valor do exame nunca será inferior ao 70% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 30%.