As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas variacións dun curso a outro con respecto á memoria verificada, en función das necesidades da materia. Con todo, o valor da parte teórica (proba mixta máis traballos tutelados) terá un valor aproximado (de entre 40% e 60%) e a avaliación da parte práctica (presentación oral máis portafolios do alumno) terá un valor de aproximadamente 50% (de entre 40% e 60%).
Na oportunidade de xullo os estudantes realizarán un traballo sobre os textos técnicos (50% da nota) e o exame (50%). Aqueles estudantes que ao longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente, non presentarán ningún traballo adicional.
Os estudantes que non se presenten ás probas obxectivas da primeira o segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non presentado se non entregan o 50% das actividades availables durante o curso.
Segundo as directrices do VOAT, os estudantes que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda de xullo, figurarán coa nota Sspenso na primeira oportunidade.
Os estudantes a tempo parcial ou con licenza presentarán un traballo máis extenso e realizarán o exame.