Os requisitos para a matricula e a defensa do TFG estarán en todo caso determinados pola normativa vixente que adopte a Universidade. Actualmente, a UDC establece que o/a estudante pode matricularse da materia TFG a condición de que lle resten un máximo de 78 créditos para finalizar os seus estudos, incluídos os créditos correspondentes á materia Traballo Fin de Grao. Para a defensa e cualificación do TFG é imprescindible que o/a estudante superase a totalidade do ECTS da titulación, a excepción do propio TFG. Para poder presentar e defender o TFG ante o Tribunal avaliador o/a estudante deberá ter superado tódalas materias da titulación, a excepción da propia materia Traballo Fin de Grao. |