Teaching GuideTerm University College of Physiotherapy |
Grao en Fisioterapia |
Subjects |
CLINICAL TRAINING I |
Assessment |
|
|
|
Identifying Data | 2017/18 | |||||||||||||
Subject | CLINICAL TRAINING I | Code | 651G01035 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | Yearly |
Third | Obligatoria | 12 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Clinical test: | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A12 A13 A14 A16 A19 C1 | Proba que se realiza á cabeceira do doente, na que o alumno reproduce de forma práctica a actuación clínica necesaria para realizar un diagnóstico ou tratamento específico en relación ao proceso funcional que presente o doente. Valorarase a integración dos coñecementos e o proceso de organización dos mesmos, a relación teoría-práctica, a resolución de novos problemas, as destrezas e actitudes. |
50 |
Clinical practice placement | A19 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 C1 C3 C6 C7 C8 | Valorarase o coñecemento dos métodos, procedementos e actuacións fisioterápicas, así mesmo os coñecementos aplicados á práctica clínica: habilidades intelectuais, aptitudes, destrezas e habilidades técnicas e manuais. Portafolio/Caderno de prácticas clínicas: engloba o diverso material que o alumno elabora froito das tutorías, sesións clínicas, seminarios formativos, lecturas, procuras bibliográficas e historias clínicas dos pacientes. No entanto, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de casos e axuda aos compañeiros durante as prácticas. |
50 |
Assessment comments | |||
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, para segurar a completa adquisición das competencias da materia. A ausencia sen xustificar de máis dun 10% das prácticas dunha unidade, implica que a cualificación da devandita unidade será de suspenso. As ausencias puntuais e xustificadas terán que recuperarse nos termos indicados polo responsable da unidade. CUALIFICACIÓN DÁ MATERIA: A cualificación da materia será a media obtida da suma das cualificacións de cada unha das unidades docente-asistenciais. Para superar a materia, a NOTA obtida deberá ser igual ou superior ao 50% da puntuación posible. Se presenta máis de 4 unidades docente-asistenciais con cualificacións inferiores ao 50% da puntuación posible, non se calculará a media, e a cualificación final será de suspenso. A cualificación de cada unidade docente-asistencial virá determinada da seguinte maneira: - 50% Avaliación continuada: a cualificación da avaliación continuada gardarase exclusivamente ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xullo). - 50% Proba clínica. As porcentaxes asignadas a cada metodoloxía poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; non obstante, o valor da proba clínica nunca será inferior ao 50% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 50%. |
|