Guía DocenteCurso Facultade de Fisioterapia |
Grao en Fisioterapia |
Asignaturas |
ESTANCIAS CLÍNICAS II |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | ESTANCIAS CLÍNICAS II | Código | 651G01036 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Cuarto | Obrigatoria | 30 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas clínicas | A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Valorarase o coñecemento dos métodos, procedementos e actuacións fisioterápicas, así mesmo os coñecementos aplicados á práctica clínica: habilidades intelectuais, aptitudes, destrezas e habilidades técnicas e manuais. Portafolio/Caderno de prácticas clínicas: engloba o diverso material que o alumno elabora froito das tutorías, sesións clínicas, seminarios formativos, lecturas, procuras bibliográficas e historias clínicas dos pacientes. No entanto, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de casos e axuda aos compañeiros durante as prácticas. |
50 |
Proba clínica | A19 A16 A14 A13 A12 A11 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 C1 | Proba que se realiza á cabeceira do enfermo, na que o alumno reproduce de forma práctica a actuación clínica necesaria para realizar un diagnóstico ou tratamento específico en relación ao proceso funcional que presente o enfermo. A avaliación clínica realizarase ante un tribunal constituído por profesorado do ámbito clínico da Facultade de Fisioterapia. Formaranse diversos tribunais en cada un dos módulos formativos, sendo a asignación do alumno a un ou outro tribunal aleatoria por sorteo. Valorarase a integración dos coñecementos e o proceso de organización dos mesmos, a relación teoría-práctica, a resolución de novos problemas, as destrezas e actitudes. |
50 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, para segurar a completa adquisición das competencias da materia. A ausencia sen xustificar de máis dun 10% das prácticas dunha unidade, implica que a cualificación da devandita unidade será de suspenso. As ausencias puntuais e xustificadas terán que recuperarse nos termos indicados polo responsable da unidade. CUALIFICACIÓN DA MATERIA: AVALIACIÓN CONTINUADA (50%): A cualificación da avaliación continuada será a media obtida da suma das cualificacións de avaliación continuada de cada unha das unidades docente-asistenciais. A cualificación da avaliación continuada gardarase exclusivamente ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xullo). Para superar a parte de avaliación continuada cada estudante non poderá presentar máis de 3 unidades docente-asistenciais con cualificacións inferiores ao 50% da puntuación posible. PROBA CLÍNICA (50%): Cualificación establecida polo tribunal de avaliación, obtida da actuación do estudante ao enfrontarse a un caso clínico real. Se o alumno desexa non presentarse á convocatoria de 1ª oportunidade deberá comunicalo á coordinación da materia coa maior antelación posible, para poder programar as citas dos pacientes. A CUALIFICACIÓN FINAL será a media obtida da cualificación da avaliación continuada e a proba clínica. Para superar a materia é necesario obter unha nota superior ao 50% da puntuación posible en cada unha das partes. As porcentaxes asignadas a cada metodoloxía poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; no entanto, o valor da proba clínica nunca será inferior ao 50% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 50%. |
|