Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Ser capaz de demostrar unha comprensión sistemática dos procesos de innovación, orientación e avaliación educativa e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coa mesma. |
A7 |
Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas. |
A9 |
Ser capaz de aplicar os métodos e técnicas da avaliación de competencias profesionais como instrumentos de diagnóstico en orientación profesional. |
A16 |
Elaborar documentos científicos a partir dos resultados da avaliación e investigación educativa. |
A21 |
Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación en educación cunha finalidade estratéxica e contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento. |
A22 |
Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ó ensino das ciencias, tanto na investigación como na innovación e avaliación. |
A23 |
Demostrar unha comprensión do marco teórico que debe dirixir e orientar a investigación e innovación no Ensino das ciencias, empregando rigorosamente os métodos empregados pola Didáctica das ciencias, así como as habilidades técnicas necesarias para dotarlle do rigor científico acorde á área de coñecemento. |
A33 |
Adquirir os fundamentos dunha Educación Ambiental para un Desenvolvemento Sustentable e elaborar propostas metodolóxicas educativas relativas á temática socioambiental, mediante a investigación e a innovación. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese. |
B3 |
Traballar de forma autónoma e con iniciativa. |
B4 |
Traballar de forma colaborativa. |
B5 |
Capacidade de organización e planificación. |
B6 |
Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos formais e non formais. |
B8 |
Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |