Supervised projects |
Desenvolvemento en parellas ou en grupos de tres dun traballo a partir ben dun estudio de caso, ben dunha revisión bibliográfica, en referencia a un fenómeno ou problemática da convivencia nas institucións socioeducativas, con síntese crítica de perspectivas tanto teóricas como prácticas.
Recoméndase a entrega dos traballos impresos sen plásticos de encadernación, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir bosquexos (racuños/borredores). Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Para máis información sobre o formato e o período de entrega do traballo, véxase o espazo da materia na plataforma Moodle. |
Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral, por parte das docentes, e con apoio de recursos audiovisuais, de contidos relacionados co temario da materia. |
Simulation |
Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes. |
Collaborative learning |
Dinámicas de grupos variadas, que se empregarán en clase nos debates e exposicións, no xogo de rol, na análise das fontes realizada en parella ou grupo, e nos traballos tutelados. Aparte de avaliar a nivel colectivo o grao de colaboración de cada grupo, o grao de participación de cada estudante nestas dinámicas colectivas avaliarase a nivel individual. |