Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Tratamento da información na xestión e avaliación das institucións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A8 B1 B2 B3 B10 B12 B13 B14 B15 B17 C3 C6 C7 C8 Recopilación dos traballos realizados na aula e reflexión final sobre as aprendizaxes da materia 100
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA


  • A asistencia ás
    sesións presenciais é obrigatoria. A asistencia xustifícase en base a
    que as clases son moi interactivas e se traballan aspectos
    porcedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a
    materia. 
  • O alumnado con asistencia
    regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha
    actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo
    indicado á clase.
  • Aquelas persoas con
    matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de
    avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes
    ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de
    establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e
    seguemento.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA


  • A cualificación
    final será o resultado da puntuación obtida no portafolio do alumnado,
    sendo indispensable obter a metade da cualificación para superar a
    materia.
  • Se un/ha alumno/a
    non acada o 80% da asistencia ou non presenta o portafolio, terá unha
    cualificación de non presentado na oportunidade de maio.
  • Na oportunidade de
    xullo realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.
  • O portafolio do
    alumnado é unha actividade individual e conterá os seguintes
    apartados:


  • Aprendizaxes
    adquiridas na materia (que sabía /que aprendín, en qué seguir
    formándome)
  • Relación/vinculación
    das aprendizaxes realizadas coas distintas materias cursadas no grao.
  • Aspectos da materia  a observar no
    Practicum
  • Reflexións sobre a
    materia e aspectos a mellorar


PLAXIO: O plaxio en calquera das
actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será
motivo de suspenso.


FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla
de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado
coa perda de avaliación continua.


COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de
información durante os exames tamén será motivo de suspenso.


NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS ERECLAMACIÓNS


https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes