Presentación oral |
A7 A9 A26 C1 C3 C4 |
Consistirá en expoñer algún traballo o parte do traballo feito tanto de xeito individual coma grupal |
10 |
Discusión dirixida |
C4 |
Consistente en plantexar unha temática e propiciar o intercambio de opinións fundamentadas sobre ela. |
2 |
A TOTALIDADE DOS ESTUDANTES subirán unha foto á plataforma moodle, na primeira semana de clases do módulo
Os estudantes que non poidan asistir, polo menos ao 80% das clases, deberán poñerse en contacto coa profesora para unha titoría na primeira quincena de docencia, para informar da devandita situación.
O ALUMNADO QUE ASISTA A MENOS DUN 80% DAS CLASES SÓ TERÁ DEREITO A UN EXAME. O exame divídese en dous partes: unha tipo test (que puntuará sobre 10) e outra sobre supostos prácticos (que puntuará sobre 10). Para aprobar o exame hai que ter aprobadas as dúas partes.
O alumnado asistente realizará unha proba tipo test que representa o 40% da cualificación global. O resto da cualificación obterase coa realización dos traballos de clase e o seguimento da metodoloxía establecida.
Para o alumnado con matrícula a tempo parcial establecerase unha modalidade de avaliación específica que se concretará ao comezo da materia. Esta modalidade incopora atención personalizada e seguimento das actividades propostas e unha proba tipo test que terá un peso na cualificación do 40%. Na segunda oportunidade realizarase un exame con preguntas de carácter teórico e práctico.
Como consideración xeral, terase especialmente en conta as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de riscadas, etc. Todo elo suporá redución de puntos sobre a nota obtida.
|