Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Subjects
  Complementary contents for the Galician and Spanish education of the literature
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Workshop A1 A3 A13 A21 A26 A27 A32 A35 C1 C3 C4 C8 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula, así como a realización das lecturas.

10
Mixed objective/subjective test A3 A7 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A19 A33 C1 Aplicaranse os seguintes criterios de avaliación:
- adecuación da resposta á pregunta formulada
- correcta estruturación do discurso
- corrección ortográfica, sintáctica e gramatical

Para superar a materia a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
40
Supervised projects A3 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A26 A27 A19 A32 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 O traballo final obrigatorio, elaborado en grupo, desenvolverá un tema relacionado con algún aspecto da materia. Formalmente axustarase ás pautas definidas polas profesoras no inicio do curso.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, o rigor no tratamento do tema escollido así como a clareza expositiva e expresiva. Este traballo será presentado oralmente ao conxunto da aula e submetido a debate na data determinada polas profesoras no inicio de curso.

50
 
Assessment comments
A realización das lecturas propostas é imprescindíbel para superar a materia, xa que sobre elas xiran os contidos teóricos, as sesións interactivas e as demais actividades que computan na avaliación.


Para superar a materia é imprescindíbel o uso correcto da lingua, tanto oral coma escrita: ortografía, puntuación, corrección sintáctica e gramatical.

O alumnado que teña matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberá poñerse en contacto coas profesoras a principio de curso; deberá realizar os mesmos traballos e probas que os/as estudantes con matrícula ordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes