Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Research and Evaluation of Quality in Education Programmes
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A24 A25 A26 A29 A30 B2 B5 B10 B11 B12 B13 C1 C6 A metodoloxía de estudo de casos porase en práctica nas clases interactivas. Para a realización do estudo de casos é preciso formar pequenos grupos de traballo e débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso en que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo. Non é necesario entregar as prácticas realizadas senón que o profesorado irá realizando o seguimento partindo do que se expoña na aula.

O profesorado indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.

30
Guest lecture / keynote speech A23 A30 C6 C8 Asistencia e participación en clases, seminarios e titorías. 10
Mixed objective/subjective test A24 A25 A26 A30 B2 C1 A exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta na que entrará toda a materia (clases expositivas + clases interactivas).

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.
60
 
Assessment comments

ALUMNADO ASISTENTE: As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase.

- Considerarase alumnado asistente a aquel que presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída.

- Ata un 20% das clases poderán
desenvolverse mediante charlas, conferencias, asistencia a seminarios
que non teñen por que coincidir co horario habitual das clases,
pero que será necesaria a asistencia para alumnado considerado como
presencial. En todo caso, o contido das charlas formará
parte da proba de avaliación para ambas modalidades de asistencia.

- O alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.

ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice as prácticas correspondentes (estudo de casos) ou non asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente.

- O alumnado non asistente terá que presentar as prácticas desenvolvidas durante o cuadrimestre que serán valoradas co 10% da cualificación final da materia. Cada unha das prácticas deberá constar de:

* Instrucións da práctica.

* Desenvolvemento da práctica.

* Reflexión persoal sobre as metodoloxías docentes empregadas na realización da
práctica. (O profesorado publicará en moodle unha listaxe das principais metodoloxías docentes que se poden empregar así como a explicación de cada unha delas): cáles empreguei e por qué.

* Reflexión persoal sobre os contidos desenvolvidos: qué aprendín mediante a realización desta práctica, qué sei facer agora,...

* Reflexión persoal sobre as competencias adquiridas coa realización da práctica con respecto ás indicadas na Guía Docente (da materia): cáles adquirín, cáles non e por qué.

* Valoración persoal con respecto á práctica profesional: aplicacións prácticas dos contidos da práctica desenvolvida ao mundo da educación infantil, qué aprendín con esta práctica para o meu futuro profesional,...

* Apreciacións persoais sobre as titorías realizadas: en concreto (indicar se se acudiu a algunha titoría, momento e lugar da dita titoría para o desenvolvemento de cada práctica, desenvolvemento do proceso de titoría e decisións persoais tomadas con respecto á orientación facilitada por parte do profesorado) e en xeral (adecuación do horario de titorías, trato recibido, valoración xeral).

* Valoración da temporalización do desenvolvemento da práctica.

* Outros aspectos: materiais elaborados a maiores polo alumnado co fin de completar os contidos, referencias bibliográficas ou webs consultadas,...

Recoméndanse os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser
posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara,
empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.

- O prazo
máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.

- A puntuación deste traballo é de 1 punto pero é necesario acadar a mitade da puntuación (é dicir, 0.5 puntos) para poder aprobar a materia.

NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o proceso de ensino-aprendizaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes