Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A4 A5 A6 A7 A11 B1 B2 B5 B11 B21 B22 B23 B24 B25 C6 C7 GRUPO B.

Trátase de estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar e elaborar un informe/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos. Este traballos faranse en grupo.
40
Traballos tutelados B1 B2 B5 B11 B21 B22 B23 B24 B25 C4 GRUPOS A e B.

Traballo individual e en grupo que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos, presentación oral, glosario análise de fontes documentais... será o material que se contemple na avaliación

20
Proba mixta A4 A5 A6 A7 A11 GRUPO A.
Ao finalizar o cuadrimestre na data oficial, farase unha proba de ensaio para verificar o grao de adquisición das competencias do "saber" e "saber facer"..

GRUPO B.
Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia. A proba consistirá en 30 preguntas con tres posibles respostas das cales só unha é a correcta, as preguntas incorrectas restan a razón de cada unha mal anulan media ben.
40
 
Observacións avaliación

GRUPO
A:

1ª CONVOCATORIA. 1ª
OPORTUNIDADE

Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Psicoloxía da aprendizaxe en contextos
educativos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A:
Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final 



Modalidade A.
Avaliación Continua
. Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación
de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e
prácticas de cada tema realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas.
Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas
presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos no cuadrimestre
con ou sen xustificación, en caso contrario deberase optar pola modalidade B),
sendo imprescindíbel ademais a participación activa e continuada por parte do
alumnado no grupo de traballo na aula (no caso de non ser así contabilizarase
como unha ausencia). Esta avaliación levarase a cabo a partir da:

a/ exposición oral e presentación por escrito (vía moodle) das
actividades e prácticas grupais de cada un dos temas que suporán un máximo dun
40% da cualificación. Nas actividades poderá obterse até un 20%
da cualificación, sempre e cando nas sesións interactivas se participe
activamente na súa realización e na sesión de exposición oral para a súa
corrección estean todas realizadas. O 20% restante poderá obterse a partir da
realización e presentación das prácticas.

b/ proba do ensaio individual sobre os contidos
teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 60% da
cualificación.

Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar
todas as actividades e prácticas propostas para cada tema  e realizar a
proba de ensaio individual, obtendo en cada unha delas o 50% do peso da
cualificación e participar no traballo non presencial como mínimo nun 85% das
horas traballadas.

A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada
un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo. No caso de non
superar algunha das partes obrigatorias, a nota final será a nota da parte non
superada.


Modalidade B
. Avaliación Final. Para aquel
alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia,  a cualificación virá determinada por unha proba final escrita
dos contidos teórico-prácticos da materia.

     
1ª CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE

- Na Modalidade A. Terase que repetir a parte obxecto de
avaliación en que non se acadou o 50% do seu peso na cualificación

- Na Modalidade B. A avaliación realizarase segundo o
sinalado para a 1ª oportunidade.

OUTRAS CONVOCATORIAS

Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B de Avaliación Final,
isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso
académico correspondente.


GRUPO B:

Teranse en conta dúas opcións en función da asistencia e participación do alumnado nas clases presenciais.

Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (>85%):

  • Coñecementos prácticos: Nas clases interactivas realizaranse as tarefas antes mencionadas en pequeno grupo e individualmente, constituíndo o 60 % da nota final. O alumnado terá que asistir ás clases interactivas para poder facer estas prácticas, e entregalas dentro dos prazos establecidos.
  • Coñecementos teóricos: Mediante a Probade resposta múltiple avaliaranse os coñecementos teóricos, que constitúen o 40 % da nota final.

Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado a correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.

A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible.

Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (< 85%)

Só se poderán acoller a esta modalidade o alumnado:

* Que en aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016), se lle recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a a correspondente dispensa académica quedarán eximidos da obrigatoriedade de asistencia as sesións interactivas.

* Así como o alumnado de Continuación de estudos na materia (repetidores).

pasando a súa avaliación a ser:

  • Coñecementos prácticos: Como non pode asistir as clases interactivas terá que realizar as tarefas individualmente dentro dos prazos establecidos. Estas prácticas constitúen o 33,34 % da nota final. Para a 2ª oportunidade (xullo) todos os traballos terán que ser entregados 7 días naturais antes da data oficial de exames.
  • Coñecementos teóricos: O alumno terá que facer dúas probas ou exames para avaliar os coñecementos teóricos. Mediante a Proba de resposta múltiple, antes comentada, obterá o 33,33 % da nota final. E mediante unha Proba de resposta breve de 10 preguntas obterá o restante 33,33 %. Terá que superar as dúas partes para ter superada esta parte.

Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado a correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.

A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das tres partes se obteña o 50% da puntuación posible

NOTAS Grupo B.

  1. En caso de suspender algunha das dúas partes (teórica ou práctica) a cualificación final da materia nas actas será de 4.
  2. A cualificación de No Presentado darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas.
  3. No caso de ter aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos, mentres o responsable da materia sexa Juan Carlos Brenlla Blanco).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes