O alumnado que asista a un mínimo do 80% das sesións (tanto expositivas como interactivas) acollerase ao réxime de avaliación de presencialidade. Este tipo de avaliación consiste no desenvolvemento dunha serie de acividades e traballos prácticos que se irán plantexando ao longo do curso e que o alumno presentará nun dosier de prácticas. Este dosier computará o 50% da cualificación final da materia. O outro 50% da cualificación corresponde a unha proba de tipo mixto (preguntas tipo test y de resposta curta) sobre os contidos abordados nas sesións expositivas. Para aqueles estudantes que consigan a calificación de "Apto" no dosier, a proba mixta terá un carácter voluntario (é dicir, esta proba non sería un requisito indispensable para aprobar a asignatura).
Aqueles que asistan a menos do 80% das sesións só serán avaliados mediante unha proba mixta sobre os contidos abordados nas clases expositivas, que computará o 50% da cualificación, e mediante un exame práctico sobre os contidos desenvolvidos nas clases interactivas, que computará o outro 50% da cualificación.
Aqueles estudantes matriculados a tempo parcial terán o dereito a solicitar a dispensa académica, segundo contempla o apartado 5 do artigo 4 da Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na Universidade da Coruña:
Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar aos Decanos e Directores dos
centros responsables da súa titulación a dispensa académica que lles exima da
asistencia a clase daquelas materias, ou partes de materias, nas que se admita a
citada dispensa na súa guía docente; porén en todo caso serán avaliados polo
sistema de avaliación continua . A solicitude de dispensa poderá realizarse no
momento de remitir a documentación xustificativa mencionada no apartado 1 deste
artigo.
Estes estudantes con recoñecemento de dispensa académica serán avaliados nas mesmas condicións que o alumnado presencial, aínda que, neste caso, a realizaión da proba mixta terá un carácter obrigatorio para poder superar a asignatura.