-Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes, en calquera das dúas oportunidades, polo que será necesario obter no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Na segunda oportunidade o alumnado só repetirá as partes suspensas e manterá a nota daquelas que fosen superadas.
-A avaliación do alumnado que non asiste regularmente ás aulas (ben por recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, ben por ausentarse en máis dun 20% no caso do alumnado que carece de exención) será feita na súa totalidade con base na proba mixta tanto na primeira como na segunda oportunidade,e ademais poderá ser diferente á que se propoña para a modalidade en que esta é só unha parte.
Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e, de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.