Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Relixión, cultura e valores
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Relixión, cultura e valores Código 652G02043
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Casás Salgado, Rafael Carlos
Correo electrónico
rafael.casas@udc.es
Profesorado
Casás Salgado, Rafael Carlos
Correo electrónico
rafael.casas@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura ofrécese como optativa a tódolos alumnos do Grao en Educación Primaria, para que poidan acadar unha formación verdadeiramente integral en tódalas dimensións da persoa; pois a dimensión espiritual e relixiosa é imprescindible para comprende-lo noso mundo (aínda que só sexa como feito cultural). Nesta materia, os alumnos poderán coñecer mellor o feito relixioso en xeral, as principais relixións en particular e o cristianismo de xeito especial. Tamén, se achegarán ós valores ético-cívicos que promove o cristianismo, estudarán as razóns polas que o noso ordenamento xurídico defende o dereito á educación relixiosa na escola, e traballarán o currículo académico de "Relixión e Moral Católica". Finalmente, farán un achegamento á Biblia e á historia da Igrexa. Recordamos que nesta Facultade de Ciencias da Educación se imparte o posgrao, título propio da UDC, "Curso de Especialización en Didáctica Escolar da Teoloxía Católica" (DETECA). Este posgrao "DETECA", sumado á materia de "Relixión, Cultura e Valores", completan os créditos necesarios para solicita-la "Declaración Eclesiástica de Competencia Académica" (DECA) e poder exercer como profesor de "Relixión e Moral Católica" en Infantil e Primaria.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes