Aprendizaxe colaborativa |
Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como a discusión dirixida, obradoiro, análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación.
Para a súa realización configúranse grupos pequenos (non máis de 5 persoas) e lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia. Así o profesor/a presentará en ditas clases as prácticas que realizará co alumnado (prácticas que están en moodle). Estas serán recollidas polo profesor ao finalizar a clase, para xustificar a presencialidade do alumnado, e serán devoltas ao alumnado nas seguintes clase interactiva.
Como o que se realiza nas clases interactivas son as prácticas dos contidos das clases expositivas se lles pedirá ao alumnado que, dunha clase interactiva a outra, teñan revisadas as practica anteriores para poder, durante unha parte da clase interactiva, contestar preguntas que o profesor elabore. Ditas preguntas só ten o significado de afianzar aprendizaxes e solucionar posibles dúbidas. |
Análise de fontes documentais |
Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Obradoiro |
Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 6). Coa mesma inténtase que o alumnado/a combine outras metodoloxías como por exemplo, exposicións orais, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o alumno desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto só se levará a cabo cando se explique o tema 6 (será aproximadamente a primeiros de abril). O profesor/a presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositiva explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas o profesor/a presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice e, ademais, o alumno/a deberá expoñer oralmente esas prácticas guiadas. PARA TODO ESTO O ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS. |
Sesión maxistral |
Clase impartida polo profesor, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados na guía docente . Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra como vía de transmisión da información a todo o grupo. Pero o profesor/a facilitará ao alumnado material en power point (a través de moodle) para facilitarlle o seguimento da exposición. Neste material en power point o alumnado/a terá referencias bibliográficas para consultar ou, tamén, para completar ou seguir a exposición do profesor/a |