Discusión dirixida |
Esta metodoloxía está orientada a que o alumado reflexione sobre a aplicación das distintas estratexias de colaboración, comunicación, xestión e difusión da información na dinamización cultural e no desenvolvemento da acción socioeducativa. Existirán polo tanto, debates, coloquios ou reflexións conxuntas en torno aos temas centrais da materia ao longo das sesións tanto expositivas como interactivas. |
Portafolios do alumno |
O alumnado deberá realizar en pequeno grupo un traballo final da materia podendo elixir entre dúas modalidades:
Opción 1. Deseño do plan de comunicación dunha institución socioeducativa. Dita organización poderá ser elixida polo alumnado e o plan de comunicación deberá presentar un proceso previo de diagnóstico de necesidades , así como o deseño da acción e a avaliación da mesma.
Opción 2. Construción do portafolios grupal da materia. Colección de traballos dos estudantes acerca da materia ordenado a modo de diario de aula, existindo cando menos, unha entrada por cada sesión expositiva e outra por cada sesión interactiva. En cada entrada o alumnado deberá sintetizar o abordado na aula, realizar unha reflexión persoal acerca do mesmo e afondar sobre o tema empregando necesariamente bibliografía básica e complementaria da materia. |
Proba mixta |
A proba mixta será unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da cal, o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos e habilidades adquiridas, ao longo do desenvolvemento da materia. Esta proba estará composta por preguntas tipo test e/ou preguntas abertas, estando a súa orientación directamente relacionada coa materia e cos aspectos abordados nas sesións, tanto expositivas como interactivas, así como cos traballos realizados polo alumnado no contexto da mesma. |
Presentación oral |
Ten como obxecto construír unha visión crítica respecto das técnicas de dinamización de grupos, así como desenvolver de forma aplicada algunhas destas técnicas para abordar os contidos co resto dos compañeiros/as de aula, logrando planificar este tipo de accións tomando en consideración as características do grupo, os obxectivos da metodoloxía empregada e a súa planificación e avaliación. De igual modo, tamén se empregará esta metodoloxía á hora de presentar e compartir os traballos realizados polos grupos co resto de compañeiros e compañeiras. |