Análise de fontes documentais |
A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas das temáticas do programa e no coñecemento de experiencias de inserción laboral. Na análise das fontes documentais hai unha parte de traballo individual, que se realiza fóra da aula, e unha parte de análise a nivel grupal que se realiza nas aulas interactivas. As fontes analizadas van ser utilizadas, principalmente, na elaboración da fundamentación teórica da actividade de simulación.
|
Presentación oral |
Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación |
Simulación |
Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. Con esta metodoloxía promóvese unha aprendizaxe significiativa, funcional, autónoma e colaborativa, así como a integración das aprendizaxes das dúas materias. Esta actividade realízase baixo a supervisión e seguimento das profesoras das dúas materias. É unha actividade grupal (mínimo de catro e máximo de seis persoas). |
Simulación |
Trátase do desenvolvemento nas aulas interactivas dunha das actividades do programa de orientación ocupacional do PAS |