Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012) |
Asignaturas |
Atención Integral das Persoas con Dano Cerebral |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Atención Integral das Persoas con Dano Cerebral | Código | 653862215 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Seminario | Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Prácticas clínicas | Estadías prácticas nun Servizo de Rehabilitación de dano cerebral e visita para coñecer o funcionamento dun Centro de Recuperación de minusválidos físicos e a intervención que se fai dende estes centros para a reintegración na Comunidade de pacientes con dano cerebral |
Proba obxectiva | Realizarase unha proba escrita que consistirá no estudo dun caso clínico de dano cerebral, sobre o que se farán cuestións relativas a teoría explicada nas sesións maxistrales y nos seminarios, así como relativas o deseño dun programa de rehabilitación para o caso concreto. |
Estudo de casos | Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
|