A asignatura estructúrase en tres bloques: Bloque A, Análise de
datos, formado polos temas 1-6, Bloque B, Revisións sistemáticas, que
consta dos temas 7.1-7.4, e o Bloque C, Meta-análisis, formado polo tema 8. A contribución de cada bloque á nota final é: Bloque A,
50%; Bloque B, 25%; e Bloque C, 25%.
Só no caso de que o alumno non teña sido evaluado en ningún dos tres bloques a
calificación final será de "NON PRESENTADO".
Non se poderá superar a
materia se nalgún dos bloques a nota foi menor que 3
(sobre 10) ou si falta a evaluación dalgún bloque. Nos demais
casos, a calificación final será o resultado da suma das notas ponderadas dos tres bloques.
Os tres bloques son independentes, de maneira que a nota de un dos bloques non afecta á nota dos outros bloques.
A evaluación de cada un dos bloques se basará na realización e entrega de exercicios e/ou traballos, contemplándose tamén a posibilidade
de realización de exames que poderán ser presenciais. As
instruccións relativas á realización e entrega de tarefas publicaranse na plataforma moodle.udc.es con anterioridade ao inicio de
cada bloque.
No caso dos alumnos repetidores, non se conservarán as calificacións dos bloques obtidas en cursos anteriores.