Prácticas de laboratorio |
Clases prácticas que complementan os contidos desenvolvidos nas clases teóricas:
- Empréganse as coleccións de maquetas e láminas do corpo humano e a osteoteca do Laboratorio de Anatomía Humana.
- Mediante a palpación de estruturas, abórdase o estudio da anatomía de superficie.
- Examínanse distintos grupos musculares, mediante a palpación e movementos contra resistencia.
- Analízanse funcionalmente as principais articulacións móbiles.
Nas prácticas de laboratorio foméntase a participación do alumnado, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas. |
Obradoiro |
Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas; identificar detalles anatómicos nos debuxos esquemáticos; recoñecer mediante anatomía de superficie determiandas estruturas anatómicas, etc.) recollidos nos CADERNOS DE TRABALLO DE ANATOMÍA HUMANA, elaborados polo profesorado da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana, e ós que o alumnado ten acceso a través da plataforma virtual da universidade. Forma parte das metodoloxías de Anatomía Humana. |
Proba obxectiva |
Exame final de Anatomía Humana. Consistirá en dúas partes:
Exame tipo test, de 12 a 24 preguntas (cada pregunta con 4 afirmacións; só unha é correcta; non se puntúa negativo por resposta incorrecta). O aprobado está no 60% de respostas correctas.
Exame preguntas cortas (5 a 10 preguntas).
Cada parte do exame contribúe nun 50% na cualificación do exame final.
Examen final teórico de Cinexioloxía Ocupacional.
|
Proba oral |
Proba oral personalizada na que se valorará o coñecemento da acción dun grupo muscular ou músculo illado e a interpretación dunha goniometría articular. |