Lecturas |
A25 A31 A35 B1 B3 B4 B15 C3 C8 |
Lecturas críticas, comentarios, discusións, exposicións e exercicios prácticos que os alumnos deben realizar NA CLASE e subir a moodle no espazo habilitado, seguindo as instrucións do profesor.
Si non se asistiu a clase o día no que se realice a práctica correspondente, NON se poderá entregar a práctica non realizada, a non ser que se xustifique convenientemente e tendo en conta que a súa cualificación será algo menor que si se entrega na clase, posto que o profesor non pode controlar o tempo nin os recursos que o alumno utiliza fora do aula. En todo caso, non poderán pasar máis de 24 hs entre a data da práctica feita en clase e a entrega. Doutra banda, hai que ter en conta que haberá algunhas prácticas, que pola súa metodoloxía non se poderán realizar fora do aula (por exemplo grupos de discusión, debates, presentacións, ete.)
|
40 |
O alumno DEBERÁ OPTAR
POR UNHA DAS FORMAS DE AVALIACIÓN que se describen a continuación E
COMUNICARLLO AO PROFESOR a través do mail: mromani@udc nos 15 primeiros días do inicio das clases e
non poderá cambiar a opción a non ser que sexa de forma xustificada e co
consentimento expreso do profesor. No caso de que o alumno non comunique ao
profesor no prazo establecido a modalidade de avaliación elixida, se evaluará
segundo a SEGUNDA FORMA DE AVALIACIÓN, é dicir, realizará só a proba obxectiva
sobre o 100% da materia.
PRIMEIRA FORMA DE AVALIACIÓN:
-
Realizar
como mínimo o 25% da parte correspondente a LECTURAS (40%) e presentarse á
PROBA OBXECTIVA (60%).
-
Neste
caso sumásense as cualificacións obtidas nas dúas metodoloxías , TANTO NA
OPORTUNIDADE DE XUÑO COMO EN XULLO.
-
Si a suma das dúas
metodoloxías non alcanzase o aprobado na oportunidade de xuño, manterase a
cualificación obtida na parte correspondente a "LECTURAS" e sumarase
á cualificación obtida na PROBA OBXECTIVA da oportunidade de Xullo.
-
É dicir, o alumno que
opte por este sistema de avaliación NON poderá presentarse só á PROBA OBXECTIVA
sobre o 100% nin en xuño nin en xullo.
SEGUNDA
FORMA DE AVALIACIÓN:
-
Realizar
só a PROBA OBXECTIVA (100%) tanto na oportunidade de xuño como na de xullo.
NOTA IMPORTANTE: aqueles alumnos que debido a
situacións particulares non poidan acollerse a ningún destes sistemas de
avaliación, DEBERÁN POÑERSE EN CONTACTO CO PROFESOR NOS 15 PRIMEIROS DÍAS DO
INICIO DA DOCENCIA da asignatura para tratar de adaptar o sistema de avaliación.
|