Recoméndase ao estudantado
ler o programa e as normas de avaliación da disciplina.
Tamén se recomenda que
asista regularmente ás clases; realice os exercicios propostos polo profesor;
discuta os casos cos compañeiros(a) e participe activamente dos debates xerados
en clases.
A bibliografía recomendada
non será a única utilizada nas discusións. O profesor recomenda que o alumnado
traia para as clases, discusións da actualidade, quer sexa xurdida na prensa
escrita, quer na radiofónica ou televisiva (nos novos medios de comunicación,
redes sociais, ou en medios tradicionais). Seguramente esa aplicación
enriquecerá a aprendizaxe e facilitará a asimilación dos temas teóricos
abordados.
Para facilitar a comprensión
significativa dos coñecementos, o alumnado deberá revisar, antes das clases, o
material posto á súa disposición por parte do docente. |