Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Patrimonio Arquitectónico galego
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 A5 B30 C4 C8 Os alumnos realizarán, ao longo do curso, exercicios propostos en clase, que deberán solucionar individualmente e presentar para a súa avaliación posterior. Ademais valorarase a presentación e formato dos traballos, así como os contidos técnicos e a correcta exposición dos mesmos.
Constituirá ata un máximo do 30% da calificación final da materia.
30
Proba obxectiva A3 A4 A5 B2 B3 B8 B12 B13 B30 C1 C4 C8 Da materia do programa realizarase unha proba obxectiva de conxunto á finalización do curso. Poderán acceder ás probas todos aqueles alumnos que asistisen polo menos ao 75 % das clases (Tanto expositivas como iteractivas) así como aprobados todos os exercicios propostos ao longo do curso.
O contido das probas será teórico e práctico e para a súa avaliación terase en conta a presentación, a orde, claridade na exposición das materias e a correcta exposición dos aspectos técnicos requiridos na proba.
Constituirá ata un máximo do 60% da calificación final da materia.
60
Sesión maxistral A3 A4 A5 B30 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase a intervención proactiva do alumno en clase, téndose en conta a exposición oral de traballos, a participación en debates, así como o interese mostrado en xeral.
Constituirá ata un máximo do 10% da calificación final da materia.
10
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes