Teaching GuideTerm
Faculty of Humanities
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Patrimonio Cultural: A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
 Subjects
  Relacións Literarias no Espazo Galaico-Portugués: Séculos XVI e XXI
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech Serán avaliados o nivel de análise e compreensión das materias expostas, así como a resolución dos problemas apresentados durante estas sesións, quer através de estudos de caso ou análise de fontes documentais específicas, quer no trascurso das “discusións dirixidas”, do “traballo tutelado” e/ou da “presentación oral” 10
Workbook Será avaliábel a lectura crítica das obras literarias indicadas na programación, así como o aproveitamente e a correcta planificación das lecturas previas a cada sesión presencial. Este apartado avaliarase através da realización de recensións e informes de lectura (Recensións bibliográficas) e da achega da bagaxe de lectura do alumnado ás aulas presenciais. 20
Supervised projects Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados no seminario. Levarase tamén en conta a calidade lingüística do texto entregado, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para esta actividade. 20
Directed discussion Será avaliado o rigor e a profundide da análise, as cuestións eventualmente levantadas durante as intervencións, a frecuencia destas e, en xeral, todos os contributos relacionados co acompañamento/ desenvolvemento da materia. 10
Oral presentation Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio do contido apresentado e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. 20
Long answer / essay questions Proba escrita que poderá combinar actividades de carácter ensaístico con outras de comentario de textos; em ambos os casos, os asuntos e os comentarios serán realizados sobre materiais estudados ao longo do seminario.
Serán avaliadas a corrección lingüística e expositiva, así como a adecuación entre o exposto na proba de ensaio e os conteúdos presentados e estudados no seminario.
20
 
Assessment comments


A
avaliación
do seminario será feita de forma continua. Nela serán levados en
conta non apenas os itens referidos no lugar correspondente mais
tamén, de maneira transversal, as competencias lingüísticas,
argumentativas e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo
do proceso de ensino-aprendizaxe.


Todas
as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no início das sesións.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que
solicitasen e obtivesen dispensa académica realizarán ou
entregarán as actividades obrigatorias nunha data e polos medios concertados previamente
co profesor. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Se
houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas ou a través
do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións
para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar na altura da segunda edición ordinaria, nas datas marcadas aos efectos de avaliación
pola Facultade, os traballos que foren solicitados e
superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo
profesorado responsábel da materia.

Será considerado Non
Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar á proba
escrita ou que non presentar ningunha das actividades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes