Proba obxectiva |
A1 A3 A4 A6 B3 C2 C3 C5 C6 C7 C8 |
Realizarase un exame final teórico-práctico sobre os contidos vistos nas sesións maxistrais e nas interactivas. Combinará preguntas de resposta libre e preguntas tipo test.
Na súa corrección valoraranse tanto a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia, como a expresión, corrección ortográfica e presentación. |
50 |
Traballos tutelados |
A3 A4 A5 A7 A8 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 C18 |
Realizarase un traballo individual relacionado cos contidos teóricos da materia. As instruccións precisas serán proporcionadas pola docente ao comezo do curso.
Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema propuesto, o contido, a coherencia da súa estructura, a redacción e a presentación.
Non serán avaliados os traballos presentados fóra de prazo. |
30 |
Portafolios do alumno |
A1 A3 A4 A8 B2 B6 B7 B9 C1 C2 C9 |
Cada alumno/a elaborará un portafolios que reunirá as actividades plantexadas pola docente e desenvolvidas nas sesións interactivas (lecturas, comentarios críticos, esquemas, resumos, etc.) e que será entregado periodicamente nas datas indicadas previamente pola profesora.
Na súa avaliación teranse en conta tanto a pertinencia do seu contido, valorándose especialmente as achegas críticas do alumnado, como a corrección da súa forma.
Neste apartado considerarase tamén a asistencia e participación ao conxunto das clases do curso. |
20 |