Guía DocenteCurso Escola Politécnica Superior |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2012) |
Asignaturas |
Tecnoloxía de automatización específica |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Tecnoloxía de automatización específica | Código | 730497020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | O profesor guía aos alumnos aclarando os principais conceptos do temario. Fomentarase a participación dos alumnos coa formulación de cuestións ou supostos prácticos. |
Solución de problemas | O alumno traballa individualmente e/ou en grupo na resolución dos problemas propostos. |
Prácticas de laboratorio | Son obrigatorias para todos os alumnos. Consisten na resolución dun suposto mediante a programación do autómata. O alumno realizaraas de forma individual. As prácticas precisan dunha preparación previa antes de ir ao Laboratorio, que consiste na lectura do guión, elaboración dunha táboa de entradas e saídas, e formulación do diagrama de contactos, ou do Grafcet correspondente. O profesor comprobará en cada sesión de prácticas o traballo previo realizado así como o desenvolvido no Laboratorio. |
Simulación | Cada alumno resolverá individualmente un problema de automatización co autómata e o software do laboratorio. |
Proba obxectiva | Consistirá en exercicios prácticos de programación e cuestións teórico-prácticas sobre o temario do curso. |
|