Teaching GuideTerm Faculty of Nursing and Podiatry |
Grao en Enfermaría |
Subjects |
Nursery Nursing |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2017/18 | |||||||||||||
Subject | Nursery Nursing | Code | 750G01018 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | Yearly |
Third | Obligatoria | 9 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Case study | A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B7 B9 B10 B13 B14 B15 C1 C7 C10 C11 C12 | Sesiones dirigidas a la resolución de casos prácticos que requieren soluciones creativas y novedosas, para hacer frente a los nuevos escenarios sociales propios de esta sociedad global. |
25 |
Objective test | A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B7 B9 B10 B13 B14 B15 C1 C7 | realización dun exame teórico sobre os temas explicados nas leccións maxistrais |
75 |
Assessment comments | |||
Proba tipo test: realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial da materia ao finalizar o curso. A proba consta de 40 preguntas tipo test con 4 alternativas de resposta nas que só unha opción é válida. Os contidos que se avaliarán serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais e os estudos de casos. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos. A puntuación mínima para superar a proba será de 5 puntos. - Estudo de casos: a asistencia ás sesións de estudos de casos é obrigatoria. Quedan excluídos desta obrigatoriedade os alumnos de matrícula parcial que deberán realizar as actividades que se lle indiquen e entregalas no momento indicado: esta programación realizarase cando se presente o caso. Nos estudos de caso valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise e comprensión da situación, así como a capacidade de interacción dentro do grupo e as achegas no proceso de reflexión. Ao comezo de cada sesión, o alumno asinará asistencia. Cada grupo debe entregar o caso traballado ao finalizar a sesión. A entrega realizarase a través do correo electrónico antes das 20.00 horas dese mesmo día. As actividades relacionadas cos estudos de caso son de carácter sumativo e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia. Ao longo do curso realizaranse os estudos de caso planificados no cronograma da materia. OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: - Fórmula para calcular a cualificación de proba tipo test: Cada resposta correcta puntúa 1 punto. Fórmula para a puntuación: Ao nº de acertos restar o produto seguinte (0.33 x nº de erros). A puntuación dividirase entre 4 para obter a nota. As preguntas en blanco non suman nin restan. - Enfermaría Maternal Para superar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos na proba tipo test. Os casos prácticos supoñen un 20% da nota final de Enfermaría Maternal. A cualificación do exame tipo test supón un 80% da nota final de Enfermaría Maternal. - Enfermaría Infantil: Para superar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos na proba tipo test. Os casos prácticos supoñen un 20% da nota final de Enfermaría Infantil. A cualificación do exame tipo test supón un 80 % da nota final de Enfermaría Infantil. - Cualificación final de Enfermaría Materno-Infantil: A nota final de Enfermaría Materno-Infantil calcularase facendo unha media aritmética da cualificación obtida en Enfermaría Maternal e Enfermaría Infantil, tendo en conta que o peso sobre a nota final é o seguinte: · Enfermaría Maternal: 40% · Enfermaría Infantil: 60% Será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos en cada parte (E. Maternal e E. Infantil), para aplicar a porcentaxe da nota final. - Matrícula de honra: será outorgada automaticamente aos alumnos que alcancen unha cualificación de 9,5. No caso de que exista maior número de alumnos que matriculas de honra asignadas á materia, previa solicitude por escrito dos alumnos interesados, programarase, en hora e data acordada polos interesados a realización dun exame tipo proba obxectiva para asignar as matrículas de honra ás mellores cualificacións. - Oportunidade adiantada: será condición necesaria para superar a materia: Superar unha proba escrita. A proba constará de 40 preguntas tipo test con 4 alternativas de resposta nas que só unha opción é válida. A cualificación dos casos prácticos será substituída por un único traballo que posuirá unha cualificación dun 20%. - Non presentado: Será considerado como non presentado a todo alumno que non se presentou a proba tipo test de calquera das dúas partes. |
|