A metodoloxía de avaliación descrita é obligada para os alumnos de matrícula ordinaria en primeira oportunidade (xuño).
Os alumnos que concurran á segunda oportunidade (xullo) poderán escoller o mesmo sistema de avaliación ou optar pola realización de exame único:
- Se opta polo mesmo sistema de avaliación que en xuño, excepcionalmente e só durante este curso académico, poderá conservar a nota da parte que tivera aprobada -se fose o caso- na oportunidade de xuño.
- Se opta polo sistema de exame único, deberá solicitalo por escrito ao profesor antes da data oficial da avaliación. En ese caso o exame contará con dúas preguntas adicionais relativas as materias e as competencias traballadas mediante o estudo de casos ao longo do curso. Será requisito para aprobar o exame acadar 5 puntos e que a lo menos unha de esas preguntas engadidas sexa correctamente respostada.
Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán acollerse ao sistema de avaliación de exame único tanto na convocatoria de xuño como na de xullo debendo solicitalo por escrito ao profesor antes da data oficial de avaliación.
A calificación de Matrícula de Honra poderán obtela os alumnos que puntúen a lo menos un 9, con preferencia para as calificacións de 10. O profesor poderá dirimir quen obtén esta calificación utilizando a tal fin o contido do exame. En caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas, o profesor pode convocar aos alumnos aspirantes para a realización de unha proba voluntaria que dirimirá quen obtén a calificación MH ata o máximo de matrículas permitido.