Seminario |
A1 A3 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 |
Os exercicios entregados ós alumnos sobre os que deberán traballar e posteriormente entregar ó profesor serán avaliados. En total estes exercicios suporán o 20% da nota final
Exposición oral de traballos realizados polos alumnos. Discusión destes. Avaliación da calidade do traballo e da exposición oral. En total este traballo presentado suporá un 10% da nota final.
No exame final entrará o contido dos traballos presentados na aula. |
30 |
1. Na segunda oportunidade o sistema de avaliación será o mesmo que na primeira.
2. Na convocatoria adiantada a avaliación só consistirá nunha proba mixta, é dicir nun único exame tipo test que abordará todo o temario da materia.
3. Obterán unha matrícula de honra aquel alumno (ou alumnos, dependendo do número de matrículas que se poidan outorgar) que presente a mellor cualificación sempre e cando sexa superior a un 9.0. En caso de empate obterá a matrícula aquel alumno con mellor cualificación no exame final.
4. Considerarase que unha persoa ten un non presentado cando non asista ó exame final, independentemente de que fixese os traballos da aula, seminarios etc.
5. Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán elixir entre examinarse como o resto de compañeiros ou que o 100% da súa cualificación corresponda ó exame final.
|