Na presentación da materia Podoloxía Preventiva explicarase sucintamente o programa e as normas para a súa avaliación. Esta información estará ademais á disposición do alumnado na
plataforma de teleensino Moodle.
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA
1.1. Cómpre asistir ao 80% dos seminarios, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar a proba obxetiva (PO) da materia.
1.2. Debe obterse na PO da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).
1.3 O alumnado que obteña a máxima nota final da materia na primeira convocatoria, por encima do 9 e previa solicitude ao profesorado de petición razoada e por escrito de calificación graciable terá a posibilidade de obter a calificación de matrícula de honra.
No caso, de que existan varias solicitudes previas á revisión dos exámenes da convocatoria de xuño realizarase un novo examen sendo a nota máis alta acadada a que otorgará automáticamente a matricula de honra.
2. SEGUNDA CONVOCATORIA ORDINARIA, OPORTUNIDADE ADIANTADA E SUCESIVAS CONVOCATORIAS:
2.1 Cómpre obter na PO da materia unha puntuación,
nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).
2.2 As calificacións dos seminarios non computarán aínda que será necesario ter
superadas as actividades para aprobar a materia en sucesivas convocatorias.
3. ALUMNADO DE MATRÍCULA PARCIAL:
3.1 Cómpre obter na PO da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).
4. CALIFICACIÓN NON PRESENTADO
4.1 O alumnado que non asista aos seminarios ou a PO na convocatoria establecida para avaliación outorgarase automáticamente a calificación de non presentado.