Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas, relacionadas cos contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais, os seminarios e as prácticas de laboratorio.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Sesión maxistral |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Os contidos teóricos básicos e outro material para traballar na aula ou fóra dela estará dispoñible na plataforma de teleensino Moodle. |
Foro virtual |
Ferramenta de comunicación asíncrona (foro) está destinada ao tratamento das cuestiones que se formulen a través dun contorno virtual de aprendizaxe, poñendo interese en xerar empatía e solucionar as tarefas que se proporcionen no proceso de ensinanza-aprendizaxe. |