Tradicionalmente usouse o consumo enerxético como unha variable (xunto con outras) que axudaba a avaliar o desenvolvemento dos países. Hoxe esta visión está a cambiar dende a óptica da sustentabilidade dende a que a satisfacción das necesidades actuais non pode comprometer os recursos das xeracións do futuro.
Entre os obxectivos de desenvolvemento do milenio áchase en sétimo lugar: Garantir o aceso a unha enerxía alcanzable, segura, sustentable e moderna para todos. A cooperación ao desenvolvemento deseña, e leva a cabo accións en orde a alcanzar este e os demais obxectivos.
Nesta materia explorase e afondase nestes eidos, non só dende unha visión altruísta senón tamén tendo en conta a proxección de oportunidade de negocio que supón para as empresas que desexen acceder a novos mercados facendo uso dunha licencia social.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías