Proba obxectiva |
A8 B1 |
Aproximadamente na metade do cuadrimestre realizarase un 1er exame parcial (teoría e problemas) eliminatorio correspondente á materia impartida ata ese momento. Ao finalizar o cuadrimestre realizarase un 2º exame parcial (teoría e problemas) para os alumnos que superasen o 1er parcial e un exame global da materia (teoría e problemas) para os alumnos que non se tivesen presentado ou non tivesen aprobado o 1er exame parcial.
Cada exame constará de dúas partes independentes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas:
- teoría, puntuación máxima 4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,5 puntos.
- problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1 punto.
|
70 |
Prácticas de laboratorio |
A8 B4 B6 C3 |
Realización de cada unha das prácticas, entrega do informe.
Capacidade para traballar de forma colaborativa.
Resolución dos exercicios propostos en moodle antes do examen parcial correspondente |
10 |