Guest lecture / keynote speech |
As sesións maxistrais realizarasen na aula, mediante clases na pizarra ou medios audiovisuais (transparencias, presentación en power point, vídeos). A duración destas clases será de 2 horas semanais e o grupo de alumnos será un grupo grande con todos os alumnos matriculados.
Os alumnos tomarán apuntes dos conceptos fundamentais explicados na aula para despois ampliar os conceptos consultando a bibliografia aconsellada.
Ademáis proporcionaránselles aos alumnos ferramentas tales como resumos ou esquemas, os que poderan acceder mediante a plataforma Moodle. |
Problem solving |
Despois de cada tema proporanse una colección de problemas tipo. As clases de solución de problemas serán de 1,5 horas semanais en grupos interactivos de aproximadamente 15 alumnos. Parte dos problemas propostos resolveranse na pizarra (os problemas tipo) durante as clases interactivas e outros deixaranse coma traballo individual de cada alumno.
Nesas clases interactivas plantexaranse tamén problemas/test correspondentes con cada un dos bloques temáticos. Estes problemas/test serán resoltos polo alumno de forma individual ou en grupo e servirán para a avaliación continua dos mesmos. Proporcionaránselle ao alumno os problemas/test resoltos a posteriori para que lle axuden no proceso de autoevaluación. |
Aprendizaxe servizo |
Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Plantexarase aos alumnos matriculados na materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con alguna entidade colaboradora. O alumno poderá escoller entre a actividade aprendizaxe-servizo ou o traballo tutelado, é dicir esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas adicado polo tanto a esta actividade será a suma do previsto para cada actividade, é dicir; 6 horas de traballo presencial e 15 horas de traballo autónomo. |
Objective test |
Realizarase unha proba final onde se avaliarán os coñecementos adquiridos durante o curso. |