Tipo A
|
Código |
Competencias / Resultados do título - Específicas |
|
A1 |
Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e desenvolvemento do currículo, o rol docente...). |
|
A2 |
Coñecemento dos contidos para ensinar, comprendendo a súa singularidade epistemolóxica e a especificidade da súa didáctica. |
|
A3 |
Analizar criticamente as concepcións da educación emanadas da investigación, así como as propostas curriculares da Administración educativa. |
|
A4 |
Deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural. |
|
A5 |
Desenvolver estratexias que promovan a aprendizaxe autónoma e cooperativa do alumnado. |
|
A6 |
Organizar o ensino no marco dos paradigmas epistemolóxicos das áreas, empregando de forma integrada os saberes disciplinares, transversais e multidisciplinares, axeitados ao respectivo nivel educativo. |
|
A7 |
Preparar, seleccionar, construír e empregar materiais didácticos, incorporando axeitadamente as TIC. |
|
A8 |
Empregar a avaliación como elemento regulador e promotor da mellora dos procesos de ensino aprendizaxe e da súa propia formación. |
|
A9 |
Realizar actividades educativas de apoio no marco dunha educación inclusiva. |
|
A10 |
Desenvolver a función titorial orientando ao alumnado e as familias e coordinar a acción educativa relativa o grupo-clase. |
|
A11 |
Participar en proxectos de innovación relacionados co ensino e aprendizaxe que permitan introducir propostas encamiñadas á mellora da calidade educativa. |
|
A12 |
Ser quen de relacionarse, comunicarse e colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno. |
|
A13 |
Ser quen de dinamizar co alumnado a construcción participada de regras de convivencia democrática, enfrontar e resolver de forma colaborativa situacións problemáticas e conflitos interpersoais de natureza diversa. |
|
A14 |
Ter unha imaxe realista propia, asumir responsabilidades e tomar decisións fundamentadas. |
|
A15 |
Asumir a dimensión ética da profesión, potenciando no alumnado unha actitude de cidadanía crítica e responsable. |
|
A16 |
Ser capaz de potenciar o rendemento académico do alumnado e o seu progreso escolar no marco dunha educación integral. |
|
A17 |
Coñecer os fundamentos científicos das áreas que conforman o currículo da educación infantil, así como as teorías sobre a adquisición e o desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. |
|
A18 |
Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación. |
|
A19 |
Adquirir coñecementos didácticos relacionados coas distintas áreas co fin de crear un marco teórico que permita reflexionar sobre a práctica docente para mellorala. |
|
A20 |
Coñecer e promover o desenvolvemento cognitivo, social e da personalidade desde o nacemento ata os primeiros anos da escolaridade obrigatoria. |
|
A21 |
Coñecer o desenvolvemento da linguaxe na etapa da educación infantil e deseñar estratexias didácticas orientadas ao enriquecemento das competencias comunicativas no marco dun desenvolvemento integral. |
|
A22 |
Coñecer o desenvolvemento psicomotor e deseñar intervencións didácticas destinadas a súa promoción. |
|
A23 |
Coñecer a literatura infantil e desenvolver estratexias que permitan o achegamento do alumnado ao texto literario tanto oral como escrito. |
|
A24 |
Coñecer os fundamentos lingüísticos, psicolingüísticos, sociolingüísticos e didácticos da aprendizaxe das linguas e ser capaz de avaliar o seu desenvolvemento e a súa competencia comunicativa. |
|
A25 |
Dominar as linguas oficiais da comunidade e mostrar unha correcta produción e comprensión lingüística. |
|
A26 |
Promover a incorporación do alumnado á aprendizaxe dunha lingua estranxeira. |
|
A27 |
Ser capaz de utilizar o principio de "globalización" para programar actividades e tarefas educativas no ámbito da educación infantil. |
|
A28 |
Planificar as actividades educativas en función da progresiva cohesión-integración do grupo, clase, contorno (adaptación, consolidación, cohesión...). |
|
A29 |
Ser capaz de planificar conxuntamente actividades con todos os docentes deste nivel, de maneira que se utilicen agrupamentos flexibles ao tempo que se promoven actividades de coordinación cos docentes do primeiro ciclo de educación primaria no marco do PEC. |
|
A30 |
Promover estratexias metodolóxicas para desenvolver as nocións numéricas, espaciais, xeométricas e de desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático. |
|
A31 |
Favorecer hábitos de achegamento do alumnado á iniciación da lectura e a escritura. |
|
A32 |
Promover o xogo simbólico como medio de coñecemento da realidade social. |
|
A33 |
Empregar o xogo como un recurso didáctico, e mesmo deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos. |
|
A34 |
Ser quen de crear, seleccionar e avaliar materiais curriculares destinados á promoción da aprendizaxe a través de actividades adaptadas ao alumnado destas idades. |
|
A35 |
Ser quen de desenvolver hábitos de autonomía e habilidades sociais, así como o respecto ás normas de convivencia e ó traballo persoal. |
|
A36 |
Potenciar o coñecemento e control do seu corpo desenvolvendo as posibilidades e as habilidades motrices e a expresión corporal. |
|
A37 |
Utilizar cancións e xogos musicais como medio para facilitar a comprensión da realidade. |
|
A38 |
Deseñar, aplicar e avaliar actividades, materiais e outros recursos que fomenten a creatividade infantil. |
|
A39 |
Promover o uso do debuxo e doutras formas de expresión plástica a partir de materiais diversos como instrumentos de aprendizaxe e de fomento da creatividade. |
|
A40 |
Ser quen de fomentar o interese polo medio natural, social e cultural e promover comportamentos respectuosos. |
|
A41 |
Ser quen de promover a autoestima e valorar positivamente o esforzo persoal. |
|
A42 |
Promover condutas saudables a través de actividades axeitadas. |
|
A43 |
Utilizar a observación sistemática como principal instrumento de avaliación global, formativa e continua das capacidades do alumnado. |
|
A44 |
Recoñecer situacións de malestar no alumnado e promover a súa mellora. |
|
A45 |
Crear e manter liñas de comunicación e coordinación coas familias para incidir máis eficazmente no proceso educativo. |
|
A46 |
Fomentar á iniciación no emprego das TIC. |
Tipo B
|
Código |
Competencias / Resultados do título - Básicas / Xerais |
|
B1 |
Aprender a aprender. |
|
B2 |
Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva. |
|
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
|
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. |
|
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
|
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
|
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
|
B8 |
Adaptación ás novas situacións. |
|
B9 |
Autonomía na aprendizaxe. |
|
B10 |
Capacidade de análise e síntese. |
|
B11 |
Capacidade de búsqueda e manexo de información. |
|
B12 |
Capacidade de organización e planificación. |
|
B13 |
Capacidade para actuar de xeito sostible na defensa do medio ambiente. |
|
B14 |
Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida. |
|
B15 |
Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica. |
|
B16 |
Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. |
|
B17 |
Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos. |
|
B18 |
Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas. |
|
B19 |
Comunicación oral e escrita na lingua materna. |
|
B20 |
Coñecemento doutras culturas e doutros costumes. |
|
B21 |
Coñecemento e comunicación en linguas estranxeiras. |
|
B22 |
Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. |
|
B23 |
Habilidades sociais para exercer o liderado na aula. |
|
B24 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
|
B25 |
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. |
Tipo C
|
Código |
Competencias / Resultados do título - Transversais / Nucleares |
|
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
|
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
|
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |